Os mozos de Soutipedre
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
Os mozos de Soutipedre
SOUTIPEDRE (SAN MARCOS), Manzaneda, Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida de Erminda Álvarez García de Soutipedre
Detalles
Os mozos de Soutipedre
fan unhas gran merendadas
van de merendas ás festas
e levan zorras asadas.
Soutipedre é moi bonito
de lexos parece vila
que ten a iglesia na entrada
i o colegio na salida.
Anita vela os rapaces
que non lles sabe das mañas
compráronlle a zorra ao Raimundo
por un saco de castañas.
O señor don Benjamin
pola ter guardada en casa
os outros cómenlle a carne
i él aprobeitoulle a grasa.
(Estrofas non incluídas no documento sonoro).
I o Luís do Portaleiro
ise é un gran cociñeiro
os outros cómenlle a grasa
i el votoulle o loureiro.
A mí me llamó María
gallega de pura raza
porque a mí me gusta el caldo
aunque sea de calabaza.
Logo salíu o Rogelio
con ese tipo de perolo
si me deixais a min a zorra
comoa anque sea eu solo.
Logo salíu Tiolindo
correndo como un galgo
deixaime algo da zorra
que eu tamén quero comer algo.
Despois saliu o Juanito
co seu tipo de violín
deixaime algo da zorra
que eu deso nunca comín.
Ya no puedo cantar más
que se me acabó la gracia
un poco que me queda
la dejo para mañana.
Soutipedre é mui bonito
y tiene muy buena fuente
todo el que bebe de esa agua
va fresco y viene caliente.
Categoría
Rondas e parrafeos
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Outras pezas na mesma zona
A Carmiña
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A ron ron
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A sereniña da noite
Cubeiros, CESURIS (SANTA MARÍA), Manzaneda, Ourense