Os labradores

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Os labradores


COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós

Detalles

E na ventana son dama
e no balcón son señora
e na mesa son criada
e no campo labradora.

Os labradores pola mañán
o primer suco i olé é pa súa dama
é pa súa dama ramo de flores
i e min gústanme i olé os labradores.

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona