O tío Roque
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
O tío Roque
REIGADA (SANTA MARÍA MADANELA), Manzaneda, Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida de Clara Baldonedo Sarmiento de Mouruás – San Xoán de Río
Detalles
Decía o tío Roque con moito saber
das cousas da ialma eso que máis tén
o tío Roque era un home de bon parecer
empinaba o codo millor que ninguén.
I anque era cristiano medio faguer
non rezaba nunca eso que máis tén.
O tío Roque tiña sete fillos
e todos naceron con cara de pillos
os outros rapaces iban á doutrina
iles de aprendela entráballes grima.
I o pai defendios faguedes moi ben
que o que enseña o cura a naide mantén.
Comede, bebede e xogade ben
que agora a doctrina eso que máis tén.
Chegou o preceuto
cousa que o tío Roque non podía ver.
Eu non me confeso, eu non teño que
nin mato, nin roubo, nin daño a ninguén
e das outras cousas que eu poda faguer
o señor abade de que tén que saber.
Que comulguen eles, eso que máis tén.
Un día o tío Roque non se atopou ben
doíanlle as costas i o lombo tamén
chamaron ao médico pra medicinar
torceu o fuciño e dixo esto vai moi mal
correo o abade pra o confesar
pero o demo cornudo inda corre máis.
Montou a cabaliñas e botou andar
chegaron ao inferno e untárono ben
i o pobre Roquiño comenzou a arder
i os demos aínda ríndose cara el
decianlle á orella; - I eso que máis tén!.
Coitadiño Roque, fixéchelo ben
das cousas da ialma non quixo saber
i agora no inferno que lle queda: - arder.
Categoría
Cantares varios
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Partitura e letra de "O tío Roque"Outras pezas na mesma zona
A Carmiña
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A ron ron
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A sereniña da noite
Cubeiros, CESURIS (SANTA MARÍA), Manzaneda, Ourense