O paragüero

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

O paragüero


REIGADA (SANTA MARÍA MADANELA), Manzaneda, Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de José María Domínguez Hervella de Reigada

Detalles

Eu non sein se será certo
o que lin nunha revista
os mellores industriales
son os da terra da chispa.

Os que arreglan os paragüas
sartenes e porcelanas
tamén teñen a costumbre
de subir polas ventanas.

Arreglo fuentes e platos
sartenes e porcelanas
compro caldeiras de cobre
gomas vellas e farrapos.

Miña irmá tiña unha filla
dunhos vinte anos e pico
non lle deixaba ter novio
hasta que viñera un rico.

Ela ben o merecía
era unha rapaza elegante
tiña unha casa ben feita
co lameiriño por adiante.

A desgracia que ela tuvo
é o demo que a tentou
un paragüero de Orense
con sencilleza a engañou.

"Pa" poder estar con ela
subía pola ventana
alá pola media noite
cuando xa estaba na cama.

Mas dalí a pouco tempo
encontrouse moi maliña
eu mesma lle fun buscar
o médico da Gudiña.

Diulle frotas á barriga
púxolle indiciois de suero
hasta que viran que había
principios dun paragüero.

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona