O can do zorro

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

O can do zorro


Manzaneda, Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Tomás Vega Pato de Manzaneda

Detalles

Por culpa do can do zorro
anda o conto desgraciado
levaron os mozos todos
levaron os mozos todos
codo con codo ao xuzgado.

Ese zorro do Regueiro
que anda detrás das galiñas
quería amolar o pito
quería amolar o pito
por culpa da perrería.

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona