Nena que vende-las peras
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
Nena que vende-las peras
Rozavales, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida de Felicitas Gabriel Yáñez de Rozavales
Detalles
¡Ne! Nena que vénde-las peras
cuántas che mandaron dar
e pre ti meu queridiño
no mas mandaron contar.
Pun, pun e petéinche na porta
non me quixeches abrir
i ao pasar pola ruada
eu fíxenche chichichí
e tú fixécheme "fi" (asubío).
Categoría
Rondas e parrafeos
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Outras pezas na mesma zona
A Carmiña
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A ron ron
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A sereniña da noite
Cubeiros, CESURIS (SANTA MARÍA), Manzaneda, Ourense