Eu xunguén os meus bouxeños

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Eu xunguén os meus bouxeños


PARADELA (SANTO ANTONIO), Manzaneda, Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Ludivina Pérez Ricoi de Paradela

Detalles

I ai i eu xunguén os meus "bouxeños"
e marchei co eles á arada
i ai e no medio do cameño
olvidouseme a aguillada.

I ai tornei e volvín por ela
tíñanme a porta pechada
i ai ábreme a porta muller
que veño por a aguillada.

I ai espera meu home espera
que eu estou facendo a cama
i ai eu cas meñas mañas vellas
a subín por a ventana.

I ai ver estar on señorito
deitado na miña cama
i ai, que é aquelo muller
que hai alí na miña cama?

I ai é o gato do convento
que vén pra onda a nosa gata
i ai nunca vira un gato negro
que teña a cariña blanca.

I ai tráeme a escopeta muller
que vou ver se lle achisbaba
i ai non fagas eso meu horne
que lle prendes fogo á cama.

Categoría

Cantares da seitura

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona