Castaña rapada
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
Castaña rapada
COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós
Detalles
Castaña rapada que estás no camiño
deixa o teu amo e vente conmigo,
e vente conmigo, e vente conmigo
castaña rapada que estás no camiño.
Castaña, castaña, castaña picón
que lle diches forza ao meu corazón
ao meu corazón. ao meu corazón
castaña, castaña, castaña picón.
Categoría
Cantares varios
Imaxes
Non hai imaxes na peza