Carmeliña

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Carmeliña


PLACÍN (SANTIAGO), Manzaneda, Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Clotilde Salgado García, Consuelo López García e Corona Domínguez Yáñez de Placín

Detalles

Cuando a miña Carmeliña
cuando a miña Carmelilla
tiña vinte anos "complidos"
non había quen a engañara
non había quen a engañara
nin quen lle dira un mal bico.

Mais unha noite de inverno
mais unha noite de inverno
por lástima e compasión
deulle pousada a un rapaz
deulle pousada a un rapaz
foi a nosa perdición.

Empezounos a contar
empezounos a contar
que era un "rojo" escapado
i andaba de paragüero
i andaba de paragüero
para face-lo despistado.

(Estrofa non incluída no documento sonoro)
Enseñounos monedas de ouro
cheques do Banco Pastor
tanto que nos fixo crer
tanto que nos fixo crer
que sería un gran señor.


Mais de alí a pouco tempo
mais de alí a pouco tempo
mandeino quedar na casa
pensando que era mui rico
pensando que era mui rico
pra casalo ca rapaza.

Mais de alí a pouco tempo
mais de alí a pouco tempo
xa ma sacou en estado
i ao tratar de casamento
i ao tratar de casamento
resultou que era casado.

Hasta mentira parece
hasta mentira parece
de que eu fora tan sencilla
i un paragüero de Orense
i un paragüero de Orense
engañara a nosa filla.

Decía unha veciña nosa
decía unha veciña nosa
que nos trataba de tu
- Ese fixo o que debía
ese fixo o que debía
Dios lle dea moita "salú".

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona