Cantar de Seitura de Paradela

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

Cantar de Seitura de Paradela


PARADELA (SANTO ANTONIO), Manzaneda, Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Juana Pérez Ricoi de Paradela

Detalles

Ay de la iglesia viene el viejo
de la iglesia de rezar
ay sus hijos trae de la mano
su mujer "ven" de enterrar.

Ay al llegar a la escalera
encomenzó a llorar
(Versos e estrofas non incluídas no documento sonoro)
ai díxolle a filla máis bella
como hija de un buen padre.

- ¿Ay por qué llora usted mi padre
sin tener por qué llorar?
- Ay yo no lloro por ser viejo
ni por viudo quedar.

Ai que choro por vós meu fillos
que me quedais sin criar
ay calle usted padre no llore
que Dios remedio ha de dar.

Un irá servir o rei
i autro navega na mar
ai o máis pequeniño deles
andará o seu mandar.

Ai i agora tú miña filia
quererásteme casar
ay y eres como la manzana
que está en el manzanal.

Ay tíranle unos tíranle otros
nadie la puede bajar
ai dende que ela está madura
de seu se deixa baixar.

Ai i este cantar acabouse
Virgen y Madre de Dios
ai i agora digamos todos
alabado sea Dios.

Categoría

Cantares da seitura

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona