Buenos días miña sogra
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
Buenos días miña sogra
Palleirós, REIGADA (SANTA MARÍA MADANELA), Manzaneda, Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida de José Domínguez Rodríguez de Palleirós
Detalles
Homes:
Buenos días miña sogra
Buenos días miña filla
que eu véñolle pedir
véñolle pedir a filla.
Se mo dice desde aí
non lle subo máis arriba
se mo dice desde aí
non lle subo máis arriba.
Contestan as mulleres segando:
A filla non lla dou
que inda lle leño que dar
a filla non lla dou
que inda lle teño que dar.
Pero díeme a filla
que si non é tempo perdido
porque a súa filla ten gana
de se casar comigo.
Categoría
Rondas e parrafeos
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Outras pezas na mesma zona
A Carmiña
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A ron ron
A Corredoira, SAN MARTIÑO DE MANZANEDA (SAN MARTIÑO), Manzaneda, Ourense
A sereniña da noite
Cubeiros, CESURIS (SANTA MARÍA), Manzaneda, Ourense