As nenas de Cotarós

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

As nenas de Cotarós


COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós

Detalles

Dicen co meu pueblo é feio
porque non tén balcós
(bis)
pero tén nenas moi guapas
pero tén nenas moi guapas
que rouban os corazós,
que rouban os corazós
que rouban os corazós
as nenas de Cotarós.

Categoría

Rondas e parrafeos

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona