A burra de Pepe da Campa

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

A burra de Pepe da Campa

Margaride, QUINTA DO LOR (SANTA MARÍA), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida dos Cantores de Margaride e Freixeiro

Detalles

I escoiten señores
i esto vai sin trampa
e morreulle a burra
ao Pepe da Campa
ai ai ai,
ao Pepe da Campa.

I o Pepe da Campa
choraba por ela
adiós miña burra
miña burra vella,
miña burra vella,
ai, ai, ai,
miña burra vella.

A burra de morta
requichou o rabo
adiós miña sogra
i adiós meus cuñados
ai, ai, ai,
i adiós meus cuñados.

A burra de morta
regañou os dentes
adiós meus "viciños"
i adiós meus parentes
ai, ai, ai,
i adiós meus parentes.

A burra de morta
volveo a falar
non chores, non chores
nin teñas pesar
quen che día fodas non ha de faltar
ai, ai, ai
non ha de faltar.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona