A viña de meu pai
TweetCancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives
O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.
A viña de meu pai
COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense
Compilador: Xosé Lois Foxo
Tipo: música
Contido
Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós
Detalles
Do outro lado do río
tén o meu pai unha viña
nin a poda nin a caba
pero si que a vendima.
(bis)
Vendimiador que vendimias
na cestiña do teu pai
o viño vai na cabaza
i o pan na cestiña vai.
(bis)
I este viño si que é viño
criado nas verdes matas
que os bornes máis valentes
pronto os fai andar de gatas.
(bis)
Viño que nace na cepa
si naceras nunha xesta
xa que baixas á barriga
que volves tacer á testa.
(bis)
Moza que estás na ventana
ca punta do pano fóra
eu quería verche a cara
co pano xa ma nemora.
(bis)
(Estrofas non incluídas no documento sonoro)
I ao subila i ao baixala
a costiña do cerredo
ao subila i ao baixala
perdín a cinta do pelo.
Si son borrachos que sean
a nadie lle importa nada
iles pagan o que deben
ao terminar a semana.
Categoría
Rondas e parrafeos
Imaxes
Non hai imaxes na peza