A miña muller é vella

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

A miña muller é vella


COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós

Detalles

I a miña muller é vella
de vella non pare fillos

(bis)
heina poñer de espantallo
nunha figueira de figos.
(bis)

I a miña muller é vella
enterreina no palleiro

(bis)
e deixeille un brazo fóra
pra que tocara o pandeiro.
(bis)

Chamáchesme pouca roupa
se teño pouca meu proveito
teño menos que quitar
á noite cuando me deito.
(bis)

Chamáchesme pita choca
porque nacín en xaneiro

(bis)
como a zorra non me coma
heiche cantar no puleiro.
(bis)

Categoría

Rondas e parrafeos

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona