A miña burriña

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

A miña burriña


COTARÓS (SANTIAGO), Pobra de Trives (A), Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Blandina González Rodríguez de Cotarós

Detalles

I a miña burriña cuando vai pró muíño
vai toda enfariñada cheiña de frío
cheiña de frío e tamén de xiada
ai a miña burriña siempre vai cargada.


Anque vou ao muíño
non vou solo por moer
vou por ver o muliñeiro
que todos o queren ver.

(bis)

I unha noite no muíño
i unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí que é muiñada.

(bis)

I a mina burriña cuando vai pró muiño
vai toda enfariñada cheiña de frío
cheiña de frío e tamén de xeada
ai a miña burriña siempre vai cargada.

Categoría

Cantares varios

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona