A gatitiña de Cristobo

Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives

O presente traballo de Xosé Lois Foxo recolle a herdanza intanxible traducida nos cantos e músicas que predominaban en Manzaneda e na contorna das Terras de Trives antes da invención dos discos e da radio. Os cantos de seitura e os cantos de folións son as músicas máis emblemáticas e teñen unha longa tradición histórica na comarca e o cancioneiro compila máis de cento oitenta destas pezas musicais, transcritas e editadas, acompañadas dos seus orixinais en audio e distribuídos nun lapis dixital que acompaña a publicación.

A gatitiña de Cristobo


PLACÍN (SANTIAGO), Manzaneda, Ourense

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: música

Contido

Recollida de Clotilde Salgado García, Consuelo López García e Corona Domínguez Yáñez de Placín

Detalles

Heivos contar unha cousa
heivos contar unha cousa
que vos habeis de rir
un gaiteiro moi gracioso
un gaiteiro moi gracioso
un dia do mes de abril.

El chamábase Cristobo
el chamábase Cristobo
i a súa muller Micaela
tocaba nas foliadas
tocaba nas foliadas
romerías e nas festas.

Ganaba moito diñeiro
ganaba moito diñeiro
tocando a súa gaitiña
mozos, rapaces e vellos
mozos, rapaces e vellos
rabeaban por oí-la.

Mais unha noite Cristobo
mais unha noite Cristobo
tomou de máis unha pinga
e vendeu a súa gaita
e vendeu a súa gaita
sin sabe-lo que facía.

Ao chegar á noite á casa
ao chegar á noite á casa
borracho coma un pelexo
- Dónde deixaches a gaita
dónde deixaches a gaita
Cristobo que non cha vexo?

A gaita Micaeliña
a gaita Micaeliña
vendina na fuliada
estaba acabadiña
estaba acabadiña
de vella xa non tocaba.

Ai válgame Deus Cristobo
ai válgame Deus Cristobo
sinvergonza, porcalleiro
márchate de xunto a min
márchate de xunto a min
que eu sin gaita non te quero.

Cristobo marchou da casa
Cristobo marchou da casa
e ca cabeza agachada
decindo: - Pobre de min
decindo: - Pobre de min
pra que eu vendería a gaita.

Ao outro día siguiente
ao outro día siguiente
comprou unha nova gaita
entrou pola porta adentro
entrou pola porta adentro
tocando unha ribeirana.

Miña Mica Micaela
miña Mica Micaela
podes estar contentiña
que xa che traigo outra gaita
que xa che traigo outra gaita
moito millor ca que tiña.

Ela louca de contenta
ela louca de contenta
botoulle a mao ao punteiro
e dixo bailando sola
e dixo bailando sola:
- Tiro-liro meu gaiteiro.

Ahora ás mozas solteiras
ahora ás mozas solteiras
un consello lles vou dar
pásenlle revista ao mozo
pásenlle revista ao mozo
ai antes de se casar.

Categoría

Romances

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona