Vivir en Leiroso que bonito é

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Vivir en Leiroso que bonito é


Visuña, VISUÑA (SANTA EUFEMIA), Folgoso do Courel, Lugo

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Abel García Fernández de Visuña.

Detalles

I o cuco de San Vitul
mandou prender as cochordas
que lle comían os allos
i as porretas das cebolas,
que lle comían os allos
i as porretas das cebolas.

I entre o Cuco i a Mavilia
ordenaron de cocer
tiñan a leña no monte
i a fariña sin moer,
tiñan a leña no monte
i a fariña sin moer.

Vivir en Leiroso que bonito é
andar de parranda e dormir de pé
e dormir de pé i e dormir de pé
vivir en Leiroso que bonito é.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona