Unha tarde indo para o muíño

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Unha tarde indo para o muíño


Oencia, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Variante de Naquela revolta. Recollida da Familia Lolo d'Oencia

Detalles

Unha tarde indo para o muíño
unha nena sentín chorar,
“pergunteille” que lle pasaba
i ela triste se puxo a contar. (Bis)

Eilí arriba naquela revolta
encontreime cun rapaz
i o tolo tanta forza fixo
que me rompeu todo o delantal. (Bis)

Mais agora vou prá casa
miña nai hame pegar
que o levo todo roto
ai e non teño con que o remendar. (Bis)

Non lle digas que foi no muíño
enredando cun un rapaz,
dille que foi nunha silva
ao tempo de ir ha pasar. (Bis)

Miña nai, miña naiciña
non me vaias a pegar
que cho traigo todo roto ai
e non teño con que o remendar. (Bis)

Se rompiche o delantal filliña
outro novo comprarás
o peor son os picos das silvas
que nas pernas che houberon picar. (Bis)

Entre silvas e silveiros
moitas cousiñas se fain
ten cuidado miña filla
que máis tarde che pode pesar. Bis

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona