Teño un amor na montaña

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Teño un amor na montaña


Arnado, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Aurora Lolo Rodríguez e Manuela Álvarez Prieto de Arnado

Detalles

Teño un amor na montaña
teño un amor montañés
vale máis un na montaña
ca na ribeiriña tres.

Do outro lado do río
ten meu padre un castañeiro,
que dá peras e mazás
y uvas blancas en xaneiro. (bis)

Por esta calle arriba
vai un gato dando berros,
que lle quitaron o rabo
pró bigote deses nenos.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona