O gato con coroa

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

O gato con coroa


Villarrubín, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de José Luis Moldes Bao de Villarrubín e Remedios Balboa Terrado d'Oencia

Detalles

Un día do mes de Maio
eu xoncín os meus boixiños
e marcheime á arada
ai, sa, ra, ra, rá morena
ai, sa, ra, ra, rá salada.

E no medio do camiño
olvidóuseme a aguillada,
ai, sa, ra, ra, rá morena
ai, sa, ra, ra, rá salada.

Ábreme a porta muller
que veño por a aguillada,
ai, sa, ra, ra, rá morena
ai, sa, ra, ra, rá salada.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona