Naquela revolta

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Naquela revolta


Arnado, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Aurora Lolo Rodríguez de Arnado

Detalles

Eilí arriba naquela revolta
agarroume un rapaz
i o tolo tanta forza fixo
que me rompeu todo o delantal.

Mais ahora vou prá casa
miña mai hame pegar
que llo levo todo roto
e non teño con que o remendar.

Miña mai miña maiciña
rompín todo o delantal
que mo rompeu unha silva
i ao tempo que iba pasar.

Non sei si me contarás mentira
ou me queres engañar
o pior foron os picos das silvas
que nas pernas te houberon picar. (Bis)

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona