Historia dunha valiente muller

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Historia dunha valiente muller


Arnado, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Manuela Álvarez Prieto de Arnado

Detalles

I ao pasalo río da Barca
debaixo dunha roseira
pouco había que morrera
i unha rapaza solteira.

Ela tiña doce anos
xa sabía nemorar
mändoulle dicir ao pai
que se quería casar.

Mändoulle dicir ao pai
- Rapaza que vas facer
no mellor da túa vida
vaste botar a perder.

Avisou un mociño
o mociño do Contado
que busque o veneno cobre
i o viño embarnizado.

A primeira cucharada
xa lle deu unha agonía
mändoulle dicir ao pai
que daquelas xa morría.

Eran as once i as doce
i as malas horas do día
i entregó su alma a Dios
aquela “niña” tan linda.

Y aquí se acaba la historia
y aquí se acaba el papel
y aquí se acaba la historia
de una valiente mujer.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona