Dame unha gotiña d'auga

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Dame unha gotiña d'auga


Arnado, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Mariluz Pombo Sobredo de Arnado

Detalles

Fuin á fonte a beber auga
había un ramiño verde
quen o tirou tiña amores
quen o tirou tiña amores
quen o topou tiña sede.

Dame unha gotiña d’auga
desa que oín correre
entre pedras e pedriñas
entre pedras e pedriñas
“algua” gota ha de habere.

Dame unha gotiña d’agua
teño a garganta seca
quero cantar coma a gaita
quero cantar coma a gaita
coma a gaita ninguén canta.

A auga da fonte corre
limpa, clara, fresca e pura
así corren os meus ollos
así corren os meus ollos
para a túa fermosura.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona