Anxeliño Vagabundo

Cancioneiro de Oencia e contorna

Xosé Lois Foxo percorre os lugares do concello de Oencia (León) na procura da rica tradición sonora da montaña, nos lindes entre Galicia e León. Cantigas de moi distintos xéneros que nos revelan a diversidade cultural do territorio.

Anxeliño Vagabundo


Arnado, Oencia, León

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Mariluz Pombo sobredo de Arnado

Detalles

Do lugar de Chandepena
Anxeliño vagabundo
co seu saco ao carrelo
camiñaba polo mundo

Por compaña leva un saco
por pousada a esperanza
de alguén de ben encontrar
que lle dea unha limosna.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona