Lagoa de Fonmiñá - Nacemento do Miño
TweetAuga doce: viaxe sonora polo río Miño
Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.
Lagoa de Fonmiñá - Nacemento do Miño
Compilador: Carlos Suárez Sánchez
Tipo: son ambiente
Contido
Este fermoso espazo natural é considerado o segundo nacemento do Miño e a razón é que, despois de nacer no Pedregal de Irimia, o Miño flúe subterraneamente ata que rexorde nesta lagoa de Fonmiñá. Escoitamos unha multitude de paxaros que cantan os seus alegres e variados trilos entre as pólas das árbores, oímos berros de corvos e ladridos de cans, pero tamén os sons dos coches e dos camións que cruzan pola LU-122 e xa, cara ao final, escóitase unha serra traballando no campo.
Detalles
Data do rexistro: 16 Septembro 2012 Hora do Rexistro: 17:45
Lugar do rexistro:
Lagoa de Fonmiñá - Nacemento do Miño
Duración do rexistro (mm/ss): 2´43´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 43.225 Lonxitude: -7.31977
Presión acústica do lugar: 72 dB Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT4 Stereo Pair
Windscreen Rycote.
Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: 17 C
Humidade relativa: 88 %
Velocidade do vento: 13 Km/h
Dirección do vento: 45 grados.
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce
Sinatura
AUDO-0001
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Confluencia do río do Pego co río Miño.
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce