Nacemento do Miño - Pedregal de Irimia

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Nacemento do Miño - Pedregal de Irimia


Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

No Pedregal de Irimia aínda non se poden ver as augas do Miño, pero se se sitúa o micrófono entre as rochas escóitase como xorde das profundidades da terra. O gran río inicia a súa viaxe cara ao mar e vai producindo os seus primeiros sons. Tamén escoitamos como o vento, ao mover as follas das árbores, matiza a calma desta gravación.

Detalles

Data do rexistro: 4 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 17:45
Lugar do rexistro: Nacemento do Miño
Duración do rexistro (mm/ss): 4´50´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 43.2131 Lonxitude: -7.26198
Presión acústica do lugar: 64 dB Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT4 Stereo
Windscreen Rycote.
Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: 4 C
Humidade relativa: 69 %
Velocidade do vento: 12 Km/h
Dirección do vento: 156 grados.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce