Portomarín - Fonte

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Portomarín - Fonte


Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Esta gravación é unha mostra de como escoitariamos esta fonte se fosemos peixes e se vivísemos baixo a auga. O hidrófono permite descender ao interior dos espazos acuosos e revelar sonoridades ocultas. Escoitamos como o fío de auga gorgolexa entre os dous hidrófonos, pero tamén escoitamos como produce unha especie de redobre continuo de baixa frecuencia.

Detalles

Data do rexistro: 4 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 17:45
Lugar do rexistro: Portomarín - Fonte
Duración do rexistro (mm/ss): 3´37´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 42.8063 Lonxitude: -7.61674
Presión acústica do lugar: 68 dB Nivel de contaminación acústica: 1 (de 1 a 10)
Tecnoloxía utilizada no rexistro:
Gravado con Tascam DR-100
Microphone H2a-XLR Hydrophone.

Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: 5 C
Humidade relativa: 76 %
Velocidade do vento: 9 Km/h
Dirección do vento: 102 grados.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce