Confluencia dos ríos Miño e Támoga

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Confluencia dos ríos Miño e Támoga


Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Brilla o sol nun ceo sen nubes e, con todo, escoitamos o son da choiva na gravación. A explicación destas pingas é o desxeo do sol que quenta as copas das árbores logo dunha noite de intensa xeada. Nesta gravación tamén escoitamos o son da confluencia do Támoga e do Miño, a corrente afastada entre paxaros e algúns refachos de vento que atravesan o bosque.

Detalles

Data do rexistro: 4 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 13:00
Lugar do rexistro:
Confluencia dos ríos Miño e Támoga
Duración do rexistro (mm/ss): 4´48´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 43.1656 Lonxitude: -7.59842
Presión acústica do lugar: 62 dB
Nivel de contaminación acústica: 2 (de 1 a 10)
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT5 Pair
Windscreen Rycote.

Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: -1 C
Humidade relativa: 74 %
Velocidade do vento: 6 Km/h
Dirección do vento: 166 grados.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce