Muimenta - A beira do Miño

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Muimenta - A beira do Miño


Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Ás veces, os lugares sorpréndennos con sons inesperados. Nesta gravación escoitamos o momento xusto no que un carballo perde a súa follaxe. Os micrófonos foron colocados xusto debaixo do carballo e escoitamos como un denso repique produce unha textura envolvente.
Tamén escoitamos o cantar dalgúns paxaros, berros de corvos, golpes e o son continuo que produce o polígono industrial de Muimenta.

Detalles

Data do rexistro: 4 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 11:30
Lugar do rexistro:
Muimenta - A beira do Miño
Duración do rexistro (mm/ss): 3´58´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 43.2435 Lonxitude: -7.42733
Presión acústica do lugar: 58 dB Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT5 Pair
Windscreen Rycote.

Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: -2 C
Humidade relativa: 67 %
Velocidade do vento: 9 Km/h
Dirección do vento: 137 grados.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce