San Estevo de Ribas de Miño – Manancial
TweetAuga doce: viaxe sonora polo río Miño
Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.
San Estevo de Ribas de Miño – Manancial
Compilador: Carlos Suárez Sánchez
Tipo: son ambiente
Contido
Moi preto da igrexa románica nace este pequeno manancial, é un dos tantos regatos que une as súas augas ás do Miño durante a súa viaxe. Aínda que o gorgolexo da auga ocupa o primeiro plano nesta gravación, tamén podemos escoitar outros sons estraños dos contornos, sereas afastadas, o ruído da presa, algún reclamo do propio bosque que na noite profunda se entretece coa auga que brota da terra entre raíces de fento e follas de outono.
Detalles
Data do rexistro: 3 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 19:15
Lugar do rexistro:
San Estevo de Ribas de Miño – Manancial
Duración do rexistro (mm/ss): 3´54´´
Xeolocalización: Latitude: 42.6167 Lonxitude: -7.70756
Presión acústica do lugar: 48 dB Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Windscreen Rycote.
Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: 5 C
Humidade relativa: 61 %
Velocidade do vento: 1 Km/h
Dirección do vento: 186 grados.
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce
Sinatura
AUDO-0001
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Confluencia do río do Pego co río Miño.
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce