Os Peares – Fonte

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Os Peares – Fonte


Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Unha pequena fonte construída en 1956 deixa escoitar o seu cristalino murmurio. Moitas
historias e lendas garda esta fonte dos Peares, un pobo que é testemuña da incesante
confluencia entre o Miño e o Sil. A auga que sacia a nosa sede tamén marca o paso do
tempo no seu constante movemento.

Detalles

Data do rexistro: 3 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 17:15
Lugar do rexistro: Os Peares – Fonte
Duración do rexistro (mm/ss): 3´31´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 42.455 Lonxitude: -7.73527
Presión acústica do lugar: 68 dB Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Espectrograma.
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Windscreen Rycote.

Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: 4 C
Humidade relativa: 64 %
Velocidade do vento: 1,4 Km/h
Dirección do vento: 192 grados.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce