Barra do Miño. Encoro de Velle.

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Barra do Miño. Encoro de Velle.


Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Pantalán cos hidrófonos. Esta gravación do pantalán da estación de Barra do Miño foi realizada con hidrófonos e micrófonos de contacto. Pódese escoitar como o movemento da auga fai escintilar pequenos obxectos que suxeitan os amarres, os pasos de alguén que camiña na súa superficie, golpes subacuáticos indeterminados e a resonancia da estrutura metálica.

Detalles

Data do rexistro: 3 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 16:15
Lugar do rexistro:
Barra do Miño. Encoro de Velle.
Duración do rexistro (mm/ss): 4´23´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 42.4022 Lonxitude: -7.80165
Presión acústica do lugar: 62 dB Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Espectrograma.
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone H2a-XLR Hydrophone
Condicións meteorolóxicas:
Temperatura: 11 C
Humidade relativa: 62 %
Velocidade do vento: 3 Km/h
Dirección do vento: 75 grados.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce