Ponte medieval de Fillaboa

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Ponte medieval de Fillaboa

Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Para esta toma do río Tea, a gravadora colocouse xusto no medio da corrente. Escoitamos como as augas rodean completamente os micrófonos e como crean unha envolvente sinfonía acuosa. Pequenas pingas, remuíños, faíscas afiadas e, no fondo, escoitamos o son continuo doutra sección do río que polo seu caudal contrasta co microambiente acuoso do primeiro plano.

Detalles

Data do rexistro: 2 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 16:15
Lugar do rexistro: Ponte medieval de Fillaboa
Duración do rexistro (mm/ss): 4´19´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 42.0846 Lonxitude: -8.51849
Presión acústica do lugar: 66 dB
Nivel de contaminación acústica: 4 (de 1 a 10)

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce