Tui - Pantalán

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Tui - Pantalán

Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

Baixo a superficie deste pantalán, as augas batuxan formando unha tranquila polifonía de
sons, a corrente move estas plataformas de madeira cara a arriba e cara a abaixo, o que
crea esta curiosa mostra sonora. Xusto cando as batuxadas comezan a ser predicibles,
aparece o son atronador dun tren que cruza rumbo a Portugal.

Detalles

Data do rexistro: 2 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 13:45
Lugar do rexistro: Tui - Pantalán
Duración do rexistro (mm/ss): 6´29´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 42.0474 Lonxitude: -8.63982
Presión acústica do lugar: 60 dB
Nivel de contaminación acústica: 3 (de 1 a 10)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT5 Pair
Windscreen Rycote

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Ponte medieval de Fillaboa

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce