Confluencia do río do Pego co río Miño.

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

O río do Pego chega placidamente ao Miño e deixa escoitar o seu doce discorrer, cruzan trilando as aves acuáticas que habitan o río, pasan os corvos grallando e voa tamén algún insecto. A densa franxa de ruído que se aprecia ao fondo é unha mestura de sons industriais e automotores que transitan paralelos ao curso do río.

Detalles

Data do rexistro: 2 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 12:45
Lugar do rexistro:
Confluencia do río do Pejo co río Miño.
Duración do rexistro (mm/ss): 3´00´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 41.9673 Lonxitude: -8.74633
Presión acústica do lugar: 58 dB
Nivel de contaminación acústica: 7 (de 1 a 10)
Espectrograma.
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT4 Stereo Pair
Windscreen Rycote.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Ponte medieval de Fillaboa

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce