Desembocadura do Miño

Auga doce: viaxe sonora polo río Miño

Unha marabillosa viaxe sonora a través do río Miño, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. O proxecto foi levado polo colectivo escoitar.org, cos técnicos Carlos Suárez e Jesús Otero, que recolleron e documentaron diferentes sons da auga na súa interacción co resto do medio físico e coa cultura dos homes. Este proxecto foi realizado no contexto da exposición "Auga Doce" organizada pola Cidade de Cultura de Galicia, o Goberno de España, a Xunta de Galicia e a Fegamp no Museo Centro Gaiás e aberta ao público entre o 21 de marzo e o 14 de setembro de 2014.

Desembocadura do Miño

Compilador: Carlos Suárez Sánchez

Tipo: son ambiente

Contido

O Miño arriba ao Atlántico logo dunha viaxe de 310 km, pequenas ondas acariñan a costa e moven na súa superficie area, pedras e restos de cunchas, mentres as augas burbullan e o vento sopra. A partir do minuto dous, comezamos a escoitar o son dun barco que ao fondo cruza esta desembocadura cara ao mar e tamén os case imperceptibles reclamos dalgúns paxaros que habitan os piñeirais próximos.

Detalles

Data do rexistro: 2 de decembro do 2013
Hora do Rexistro: 11:15
Lugar do rexistro: Desembocadura do Miño
Duración do rexistro (mm/ss): 3´43´´ min.
Xeolocalización: Latitude: 41.8729 Lonxitude: -8.86629
Presión acústica do lugar: 52 dB
Nivel de contaminación acústica: 4 (de 1 a 10)
Espectrograma.
Tecnoloxía utilizada no rexistro: (gravador, micrófonía e complementos utilizados no rexistro)
Gravado con Tascam DR-100
Microphone Rode NT4 Stereo Pair
Windscreen Rycote.

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Sinatura

AUDO-0001

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Ponte medieval de Fillaboa

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce