"Inda vaias que non volvas..."

Cancioneiro popular galego

O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.

"Inda vaias que non volvas..."


MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina

Tipo: música

Contido

Recollido de Salomé, 74 anos

Detalles

"Inda vaias que non volvas..." Melodía: I 66b - Letra: V 202

Inda vaias que non volvas
desaparecido seas
/:de noite crébe-las pernas
pola mañan cegho veñas:/

"O ladrón do catarriño..." Melodía: V 9 - Letra: VI 124a

O ladrón do catarriño
púxoseme na gharghanta
e agora meu queridiño
tamén o catarro canta

"Tanto pucheiro ó lume..." Melodía: V 9 - Letra: VI 2038a

Tanto pucheiro ó lume
tanta cazola
tanto pucheiro ó lume
con augha sola
con augha sola
con augha sola
tanto pucheiro ó lume
tanta cazola

"Vamos indo, vamos indo..." Melodía: V 9 - Letra: VI 847

Vamos indo vamos indo
vámola alboreando
fixen a cama no río
a augha foima levando


Referencias bibliográficas:

Schubarth e Santamarina, D. e A. (1984). "Cancioneiro Popular Galego. Oficios e labores". A Coruña: Fundación Barrié.

Schubarth e Santamarina, D. e A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Cantos dialogados". A Coruña: Fundación Barrié.

Schubarth e Santamarina, D. e A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.

Categoría

Coplas

Notas

No Cancioneiro popular galego o topónimo Maroxo aparece como Marroxo

Localización física do documento

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

Sinatura

SCSA-CD/0020

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

"O ghäiteiro de Santiagho..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"Concha le dijo a su madre..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega

"Vente rosa encarnada..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega

"Ha de ser o derradeiro..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"/:Al pasar por Sevilla..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Levábase mal unha sogra e máis Manola"

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"Un xuegho que había, chámanlle xuegho do Portugués..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"Cuanto más alto está el sol..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Pois había outro, chamábanlle o dos casados..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.

"/:Tocadora do pandeiro:/..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Eres una eres dos..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina

"Un mocito de Mughardos..."

MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.