"...sete muíños..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"...sete muíños..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Tipo: música
Contido
Recollida de Salomé, 74 anos, e Suso, 72 anos
Detalles
"Miña sogra cando mexa..." Melodía: sen partitura - Letra: VI 1436c
Miña sogra cando mexa
sete muíños fai andar-e
caramba pa miña soghra
qué maneira de mexar-e
Rabeache pola peneira
Rabeache por peneirar
rabeache por ter amores
rabeache por te casar
"Amores o lonxe o lonxe..." Melodía: sen partitura - Letra: VI 811a
Amores ó lonxe ó lonxe
que acá cerca calquera os tén-he
canto máis ó lonx’ó lonxe
canto máis ó lonxe ben-he
ai la…
"Cada vez que considero..." Melodía: sen partitura - Letra: VI 759a
Cada vez que considero
que de ti me hei de apartar-e
énchenseme os ollos de augha
non fago senón chorar
ai la…
Referencia bibliográfica:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.
Categoría
Coplas
Notas
No Cancioneiro popular galego o topónimo Maroxo aparece como Marroxo
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
SCSA-CD/0020
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
"O ghäiteiro de Santiagho..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Concha le dijo a su madre..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Vente rosa encarnada..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Ha de ser o derradeiro..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Al pasar por Sevilla..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Levábase mal unha sogra e máis Manola"
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Un xuegho que había, chámanlle xuegho do Portugués..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Cuanto más alto está el sol..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Pois había outro, chamábanlle o dos casados..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Tocadora do pandeiro:/..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eres una eres dos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Un mocito de Mughardos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.