"Repuliño repulaino..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Repuliño repulaino..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Tipo: música
Contido
Recollida de Antonia, 49 anos, e voz de home sen identificar
Detalles
"Repuliño repulaino..." Melodía: I 83 - Letra: I 251b
Repuliño repulaino
/:quén te me dera repolo:/
na miña quinta plantado
"I o arrieliño das nenas..." Melodía: I 83 - Letra: VI 1246
I o arrieiriño das nenas
é de tres en tres semanas
cando lles tarda máis dun mes-e
xa che din que están priñadas
"Eu pedín a unha nena..." Melodía: I 83 - Letra: VI 1087d
Eu pedín a unha nena
no porteliño do prado
ela díxome que non podía
que estaba o prado mollado
"Eu requerín a nena..." Melodía: I 83 - Letra: VI 1088
Eu requerín a nena
no porteliño do prado
ela respondeume que non podía
que tiña o cú furado
"Arrieriño Manuel,..." Melodía: I 83 - Letra: I 349a
Arrieiriño Manuel
deixa descansar as mulas
tamén os máis arrieiros
deixan descansa-las súas
"Unha vella moi ben vella..." Letra: VI 1339
Unha vella moi ben vella
máis vella que o salamanque
botou un peido na cama
fixo recachá-la manta
la la lala…
Referencias bibliográficas:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1984). "Cancioneiro Popular Galego. Oficios e labores". A Coruña: Fundación Barrié.
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.
Categoría
Coplas
Notas
No Cancioneiro popular galego o topónimo Maroxo aparece como Marroxo
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
SCSA-CD/0020
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
"O ghäiteiro de Santiagho..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Concha le dijo a su madre..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Vente rosa encarnada..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Ha de ser o derradeiro..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Al pasar por Sevilla..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Levábase mal unha sogra e máis Manola"
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Un xuegho que había, chámanlle xuegho do Portugués..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Cuanto más alto está el sol..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Pois había outro, chamábanlle o dos casados..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Tocadora do pandeiro:/..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eres una eres dos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Un mocito de Mughardos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.