"Eu tiña moi bo pelo..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Eu tiña moi bo pelo..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Tipo: voces
Contido
Recollido de Salomé, 74 anos
Detalles
"Eu tiña moi bo pelo..." Transcrición: V 199 bis(2)
Eu tiña moi bo pelo, cand’era moza tiña unha trenzaza de pelo; que naquel tiempo a que tiñ’así unha boa trenza de pelo, que se levaba, com’ aghor’andar rapadas, e as perniñas dereitas e ben peitada anque fora fea tíñana por guapa, dábanll’o título de ghuapa, i era ghuapa.
Estaba cosendo na casa dunha tía, e viñeron pr’alí os mozos e un quería estar comigho i outro non o deixaba, eran da misma parroquia, estab’ó pé de min i outro estab’así unha mighiña desviado e ca rabia de que non podía falar conmigho peghou a coplas comigho e despois lovárono da casa, moito se reu del, Dios mío! porque despois, eu non sei se s’acabou a ‘storia se non tiña máis pés.
Referencia bibliográfica:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Cantos dialogados". A Coruña: Fundación Barrié.
Categoría
Desafíos
Notas
No Cancioneiro popular galego o topónimo Maroxo aparece como Marroxo
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
Sinatura
SCSA-CD/0021
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
"O ghäiteiro de Santiagho..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Concha le dijo a su madre..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Vente rosa encarnada..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Ha de ser o derradeiro..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Al pasar por Sevilla..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Levábase mal unha sogra e máis Manola"
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Un xuegho que había, chámanlle xuegho do Portugués..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Cuanto más alto está el sol..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Pois había outro, chamábanlle o dos casados..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Tocadora do pandeiro:/..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eres una eres dos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Un mocito de Mughardos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.