"Cuanto más alto está el sol..."
TweetCancioneiro popular galego
O Cancioneiro Popular Galego, obra fundamental sobre o folclore musical de Galicia, é froito do traballo de recolleita que entre 1978 e 1983 levou a cabo Dorothé Schubarth, coa inestimable axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes. A riqueza, a diversidade e a particularidade das nosas melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, editado pola Fundación Barrié en 1984, que tamén tivo a xenerosidade de apoiar economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.
"Cuanto más alto está el sol..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Compilador: Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Tipo: música
Contido
Recollida de Salomé, 74 anos, e Suso, 72 anos
Detalles
"Augha lev’ò righeiriño..." Melodía: VI 94 - Letra: VI 456
Augha lev’ò righeiriño
augha lev’ò reghador
augha lev’ò righeiriño
que lava o meu amor
"Son de la opinión del cuco..." Melodía: V 9 - Letra: V 303 e VI 1943a
Son de la opinión del cuco
págharo que nunca anida
pone el ghuevo en nido ajeno
otro págharo lo cría
"Baila Manueliño..." Melodía: V 9 Letra: V 304 e VI 1866
Baila Manüeliño
Manüel baila
baila Manüeliño
con Adelaira
con Adelaira nena
con Adelaira
baila Manüeliño
Manüel baila
"Cando pensei que te tiña..." Melodía: V 9 - Letra: V 302 e VI 742
Cando pensei que te tiña
para lindo meu reghalo
tíñate nos brazos doutro
co pensamento virado
(Baila Manüeliño...)
"Ai qué linda cara tienes..." Melodía: V 9 - Letra: V 235 e VI 2063a
/:Ai qué linda cara tienes
borracho para beber-e:/
se comeras como bebes
quén te había de manter
"Á túa porta meniña..." Melodía: I 66b - Letra: I 509
Á túa porta meniña
calquera ghalán enrosca
que cando vén o can grande
o pequeno logho mosca
"Cando veñas polo prado..." Melodía: I 66b - Letra: VI 703
Cando veñas polo prado
vente polo arredor-e
anque che a ti quero ben-he
outras lles quero millor-e
"Anduvéchest' alabando..." Melodía: I 66b - Letra: I 214
Anduvéchest' alabando
polos muíños moendo
que había casar contigho
eso si en d'eu querendo
"Tienes mucha fantäsía..." Melodía: I 66b - Letra: V 261d
Tienes mucha fantäsía
con esas túas ghedellas
té-las cubertas de lendias
que che comen as orellas
"Si quieres que vaya a verte..." Melodía: I 66b - Letra: VI 1041a
Si quieres que vaya a verte
déjame la puerta abierta
y una luz en la ’scalera
y la cara descubierta
"Cantiguiñas ben chas sei-e..." Melodía: I 66b - V 119
Cantiguiñas ben chas sei-e
si chas quixera decir-e
unhas delas son pedradas
se mas queres recibir-e
"Debaixo da oliveira..." Melodía: I 66b - Letra: VI 466c
Debaixo da oliveira
non chove nin cae orballo
rapaza s’has de ser miña
non me deas máis traballo
"Debaixo da oliveira..." Melodía: I 66b - Letra: VI 2016b
Debaixo da oliveira
dá ghusto parrafear-e
tén a folla menudiña
non deixa ’ntra-lo lunar-e
"Esta noite hei de ir ó muíño..." Melodía: I 66b - Letra: I 192a
Esta noite hei de ir ó muíño
cun fato de nenas novas
elas todas en camisa
eu no medio en cirolas
"Que te quiero bien lo sabes..."Melodía: I 66b - Letra: VI 834a
Que te quiero bien lo sabes
que te olvido no lo ignores
si tus hechos lo permiten
no se me da que te anojes
Referencias bibliográficas:
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1984). "Cancioneiro Popular Galego. Oficios e labores". A Coruña: Fundación Barrié.
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1988). "Cancioneiro Popular Galego. Cantos dialogados". A Coruña: Fundación Barrié.
Schubarth, D. e Santamarina, A. (1993). "Cancioneiro Popular Galego. Coplas diversas, cantos enumerativos e estróficos". A Coruña: Fundación Barrié.
Categoría
Coplas
Notas
No Cancioneiro popular galego o topónimo Maroxo aparece como Marroxo
Localización física do documento
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
Sinatura
SCSA-CD/0020
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
"O ghäiteiro de Santiagho..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Concha le dijo a su madre..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Vente rosa encarnada..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Colección Schubarth-Santamarina. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
"Ha de ser o derradeiro..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Al pasar por Sevilla..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Levábase mal unha sogra e máis Manola"
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Un xuegho que había, chámanlle xuegho do Portugués..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Pois había outro, chamábanlle o dos casados..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"/:Tocadora do pandeiro:/..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Eres una eres dos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth e Santamarina
"Un mocito de Mughardos..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.
"Eu tiña moi bo pelo..."
MAROXO (SANTA MARÍA), Arzúa, A Coruña
Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Schubarth-Santamarina.