O día quince de maio...

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O día quince de maio...


Tras da Feira, GALDO (SANTA MARÍA), Viveiro, Lugo

Compilador: Remedios Camba e Perfecto Camba

Tipo: voces

Contido

Segundo Remedios Camba e Perfecto Camba

Detalles

O día quince de maio
se partieron de Fornéllega que,
surfallai nétiga, ai nétiga que,
surfallai nétiga, ai nétiga era,

Aló enriba non sei donde
xuran que se han de volver
surfallai...

xuran que se han de volver,
que había voda en Fornéllega que,
surfallai...

que se casaba Pascual
con María Madanémeega que,
surfallai...

Puñeron día pra voda,
un martes de primavérega que,
surfallai...

sete arrobas de xanfaina,
sete de cabra e de ovéllega que,
surfallai...

o viño venche do Bierzo,
non chegou a media méxega que,
surfallai...

as troitas do río Sil,
que viñeron nunha céstega que,
surfallai...

o queixo de Estremadura,
era bon de ondérega que,
surfallai...

que o fixera unha vella,
que mexaba de dereitega que,
surfallai...

Ó cabo de nove meses
un fornéllego nacérega que,
surfallai...

Sei que foi polla do diablo,
que sete orellas trouxérega que,
surfallai...

Pascual xura que non é del,
que no ha de dormir con éllega que,
surfallai...

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona