Cando a miña Carmeliña

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Cando a miña Carmeliña


Santiago de Compostela, A Coruña

Compilador: Manuel Losada

Tipo: voces

Detalles

Cando a miña Carmeliña
tiña quince anos cumplidos
era a más guapa do pueblo,
era e envidia dos veciños.
Non houbo quen a engañara
nin quen lle dera un mal bico,
porque eu sempre a aconsellaba
que falara con un rico.
Mais unha noite de inverno
por lástima e compasión,
darlle pousada a un rapaz
foi a nosa perdición.
Empezounos a contar
que era roxo escapado,
que andaba de paragüero de Orense
me engañara a miña filla.
Conque, mociñas solteiras,
gardade a fonte da nai,
que é un cargo de conciencia
bautizar fillos sin pai.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona