Xan Quincán

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Xan Quincán


Viveiro, VIEIRO (SAN CIBRAO), Viveiro, Lugo

Compilador: Encarnación Lamelas

Tipo: voces

Contido

Segundo Encarnación Lamelas. Esta informante utiliza o pronome persoal átono "ñe" no canto de "lle".

Detalles

Xan Quincán casar quería,
non tiña muller buscada,
foi a xunta o tío Xoán,
onde lle iba a rapaza.
- Boas noites, tío Xoán,
¿donde lle vai a rapaza?
- Vai busca-lo gas pa noite,
xa me parece que tarda.
De alí a un pouquiño de tempo
entra a rapaza pa dentro:
- Boas noites, Xan Quincán,
estamos no pensamento.
- Tu diríalo de risas,
eu diríacho de veras,
hai un poquiño de tempo
que estou quentando as canelas.
- Eu casar ben me casaba,
pero, heillo de contar,
a saia téñolla rota,
a la lle está por fiar,
os zapatos, todos vellos,
o pano, todo furado,
si ten cartos cómpreme outros,
que eu casareime de contado.
Preparou as balineas
como era acostumbrado,
foron xunto ó señor cura
que llas lera de contado.
O señor cura leunas
no repertorio da misa
a xente que había alí,
toda se parteu á risa.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona