O Farruco

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O Farruco


CERCEDA (SAN MIGUEL), Pino (O), A Coruña

Compilador: Andrea Andrade

Tipo: voces

Contido

Esta é versión de Andrea Andrade, quen non dixo que aprendera om antedito romance dunha "papeleta" que lle comprara a un cego nunha feira hai moitos, moitos anos. José Fariñas coñece unha versión parecida, pero nesta o gaiteiro chámase Cistovo, e o lugar onde sucedeu o caso foi nas montañas do Cebreiro.

Detalles

Se prestades atención
polo que vos vou contar
o que pasou co gueiteiro
qu´había no meu lugar.
E chamábase Farruco,
e a muller, Micaela;
tódolos días beilaban
remarías e nas festas.
Micaela está orgullosa
porque casou co gueiteiro.
Un día vindo da festa
armoulle un lío do demo,
porque Farruco na festa
tomou de máis unha pinga,
vendeu a súa gaitiña
sin sabe-lo que facía.
Entrou Farruco na casa
borracho coma un pelexo.
-¿Donde deixáche-la gaita,
Farruco, que eu non cha vexo?
-A gaita, miña Micaela,
deixeicha na foliada,
porque era moi velliña,
de vella xa non tocaba.
-Mintireiro, corfalleiro,
borracho e embustero,
márchate de onda min
que eu sin gaita non te quero.
Marchou Farruco da casa
coa cabeza ben baixa.
-¡Ai, desgraciado de min,
para que eu vendín a gaita!
Ó outro día Farruco
comprou unha nova gaita,
entrou pola casa adiante
e tocando unha ribeirana.
-Agora, Micaeliña,
podes estar contentiña,
que xa che traio outra gaita
moito millor cá que tiña.
Toda chea de contento
botoulle as mans ó punteiro
e dixo beilando sola:
"Tiroliro, meu gueiteiro".
Doce como era Farruco
e logo foron pra cama,
e díxolle: "Anque é pequena,
vale máis ca non ter nada".
Agora, miñas mociñas,
tomade dos meus consellos,
revistade ben os mozos
por se teñen instrumentos.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona