Manuel, Manueliño

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Manuel, Manueliño


Tui, Pontevedra

Compilador: Manuel Valcárcel Estévez

Tipo: voces

Contido

Os cantares de Aninovo, segundo os informantes de Tui,
cantábanse na noite de fin de ano. Con eles pretendíase
homenaxear a todas aquelas persoas que tiñan o nome de Manuel.
Formábanse roldas que percorrían as parroquias, para
cantar casas onde había alguén chamado Manuel, de aí
que se coñecese a estas agrupacións co nome de Os Manueles.

Detalles

Manuel, Manueliño,
Manuel de casa alta,
moito cue queren as mozas,
porque tocas ben a flauta.

Aí vai Manuel,
deixaino pasar,
vai tomar amores
á beira do mar,
á beira do mar,
á beira do mar.
Aí vai Manuel,
deixaino paxar.

Manuel, Manueliño,
malas entrañas te coman.
Tiveches o bauticeiro,
no outro día da voda.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona