Empezando a camiñar

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Empezando a camiñar


ARÍNS (SAN MARTIÑO), Santiago de Compostela, A Coruña

Compilador: Adelaida Aldrey

Tipo: voces

Detalles

[Empezando a] caminar
tirando para Belén
íbache a Virgen María
falando con San José.
Falando con San José
encontraton un portal,
alí metéronse dentro
pa poderse daquela cuadra,
naceu o Neno Jesús
nunha manchiña de palla.
Nunha manchiña de palla
estuvo hasta o outor día,
ó ve-lo Neno Jesús
alegrábase María.
Alegrábase María
e viñeron os pastores,
trouxénrolle un par de queixos
e un ramiño de flores.
Alegrábase María
ca súa tranquilidá,
mandou chama-los camellos
pa poderse trasladar.
Pa poderse trasladar
de Belén cara a Egipto,
por eso aquí chegamos
sin haber outro peligro.
Sin haber outro peligro
e dámo-la despedida,
moitas gracias ó patrón
que por moitos anos viva.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona