Lenda da Virxe da Costra

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Lenda da Virxe da Costra


Os Peares, PEARES (OS) (NOSA SEÑORA DO PILAR), Peroxa (A), Ourense

Compilador: Carmen López Gómez

Tipo: voces

Contido

Segundo Carmen López Gómez

Detalles

O Miño trouxo unha Virgen polo río abaixo, e despois
levárona, caíu, ou sea quedou na basca, do lado de alá do
río, porque o río ten as dúas, eso. O Miño vén por aí, polo
lado de alá e entonces chegou alí e parou, a Virgen
quedouse alí cos pés e co neno e os diste lado de acá vírona,
que eran ricos, e vírona. E ó vela pois fórona roubar.
Fórona roubar alí e pasárona o outro lado, a este lado do
río que é onde está a Costra, a Virgen da Costra. E
pasárona a este lado do río e fixéronlle unha capilla (que
aínda existe a capilla). Fixéronlle unha capilla e metérona
alí dentro e despois anduveron e para eso cantaban:
- "Ven, río Miño,
ven caladiño,
non me despertes
o meu neniño".
Era cando lle cantaba, cando ela, ela cantáballe ó río
porque viña chillando porque era auga, ¿non? E vai
caladiño, que quedoulle eso siempre de ir caladiño.
E resulta que despois esa Virgen roubárona, volvérona
roubar daquela capilla e marcharon con ela para unha
aldea e fórona coller eiquí a Portugal. Porque despois
roubárona para aquela aldea e despois collérona aquí en
Portugal. E marchou, e anduvo ela de, duns sitios para
outros, pero ela é a Virgen da Costra siempre.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona