Lenda de Santa Mariña das Augas Santas
TweetA cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade
A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.
Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.
Lenda de Santa Mariña das Augas Santas
Rosén, GUILLAMIL (SANTO ANDRÉ), Rairiz de Veiga, Ourense
Compilador: Sabina Nogueiras
Tipo: voces
Contido
Segundo Sabina Nogueiras
Detalles
Santa Marina das Augas Santas dicen que era moi guapa,
moi guapa e entonces que se celaban dela e metérona
ó forno cheo de leña e puxéronlle lume e a santa dentro.
Pero veu o Ángel da Guarda e fíxolle un buratiño e dice:
- Marina, sale por aquí.
E saliu por aquel agujero, por aquel burato e non, non
se queimou nada. E despois estuvo sentada nun penedo e
sentouse en tres sitios e alí sale agua. Alí sale agua que a
vin eu tamén.
E o carballo que lle cortaron a leña para queimala a ela
no forno está alí, e é tan vello, tan vello, coma andar de a pé.
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza